ML Quartet
ML Quartet
Detalles:
Experiencia musical e enogastronómica - Bodega Altos de Torona

 

19:00h – Visita guiada polos viñedos da adega para coñecer o proceso de elaboración dos seus viños. Esta visita está incluido no prezo.

20:00h – Concerto protagonizado por ML Quartet, liderado polo contrabaixista Manuel Luque. A formación mestura jazz moderno, improvisación, flamenco e influencias do folclore tradicional, creando unha proposta sonora dinámica e emotiva.

Posteriormente ao concerto, os asistentes poderán desfrutar cunha cata de viño e degustación moi especial.

A Bodega Altos de Torona está situada en Tomiño, na subzona do Rosal (Rías Baixas, Galicia), e destaca polo seu gran viñedo nunha única finca, un dos máis extensos da denominación, con arredor de 100 hectáreas cultivadas en pendente. Este viñedo, exposto á influencia do Atlántico e do río Miño, permite unha maduración lenta da uva e achega frescura, equilibrio e expresión aromática. A bodega céntrase principalmente na produción de viños brancos atlánticos, especialmente a partir de Albariño, aínda que tamén traballa con outras variedades autóctonas como Godello, Caíño ou Loureira, dando lugar a viños frescos, elegantes e con marcada acidez e carácter mineral, moi representativos do estilo das Rías Baixas.

Bodega Altos de Torona Viñedos Altos de Torona

 

Bio

ML Quartet O grupo presentará composicións do seu álbum debut, Cicatrices (2024), un traballo inspirado nas experiencias persoais e na reflexión sobre o pasado e o presente. A banda está integrada por Manuel Luque ao contrabaixo, Joan Martí i Devesa ao saxofón, Vicente Marín ao piano e Lluís Pérez-Villegas á batería. Tras o concerto, o público poderá desfrutar dunha cata de viños da adega.

ML Quartet

Máis Artistas