Chus Pato, poesía

Chus Pato, poesía
ChusPato_PetiscosIkfem2026
Detalles:
Encontro literario coa poeta Chus Pato, Premio Nacional de Poesía 2024

 

En conversa coa escritora e traductora Oriana Méndez. O acto rematará cun recital poético acompañado ao piano por Julián Maeso.

Entrada gratuita ata completar aforo.

Chus Pato, nacida en Ourense en 1955, é unha das voces máis relevantes da poesía galega contemporánea. Autora de máis dunha ducia de poemarios, recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio Nacional de Poesía polo seu libro Sonora. A súa obra foi traducida a múltiples idiomas e presentada en festivais internacionais de Europa, América, África e Asia. Ademais, forma parte da Real Academia Galega desde 2017.

Pola súa parte, Oriana Méndez, nada en Vigo en 1984, combina a creación poética coa docencia e a tradución literaria. Publicou varios libros de poesía recoñecidos pola crítica e traduciu ao galego autores como Marguerite Duras, Antonin Artaud ou Arthur Rimbaud. A súa obra tamén foi traducida a diferentes idiomas e publicada en revistas e antoloxías internacionais.

Poeta_ChusPato

Más Artistas