19:00h – Visita guiada polos viñedos da adega para coñecer o proceso de elaboración dos seus viños. Esta visita está incluida no prezo.
20:00h – Concerto da soprano Laura Molina, acompañada da pianista Paula L. Atanet.
Posteriormente ao concerto, os asistentes poderán desfrutar cunha cata de viño e degustación moi especial.
Bodegas Fillaboa é un pazo histórico cuxa finca permaneceu indivisible ao longo dos séculos, sendo unha das fincas máis grandes, fermosas e antigas de Galicia e a única que, polas súas características especiais, pertence a Grandes Pagos de España. Tras os 1.600 metros do groso muro de pedra que protexe a propiedade, escóndense, ademais dos viñedos, a bodega e un espectacular pazo señorial restaurado.
50 hectáreas de viñedo de uva albariño plantadas en ondulantes ladeiras conforman a finca de Fillaboa, que suma un total de 74 hectáreas repartidas en 12 pagos na fronteira natural con Portugal, xunto aos ríos Tea e Miño. Os solos de orixe granítica e o clima atlántico, con temperaturas suaves pola proximidade do mar, fan de Fillaboa un lugar privilexiado para o cultivo da uva autóctona, a albariño.


Laura Molina
“Remembranzas líricas” é un recital da soprano Laura Molina Sepúlveda que propón unha viaxe emocional a través da música vocal, explorando recordos, soños e sentimentos mediante cancións de concerto, ópera e zarzuela. Na primeira parte do programa, obras de compositores como Strauss, Poulenc, Saint-Saëns ou Miquel Ortega evocan paisaxes íntimas marcadas pola nostalxia, a poesía e a natureza. Tras o descanso, o recital mergúllase no universo dramático da ópera e a zarzuela, con arias e romanzas cheas de paixón, esperanza e emoción.
Laura Molina Sepúlveda, nada en Madrid en 1996, comezou a súa formación musical no Conservatorio Profesional Arturo Soria, onde descubriu a súa vocación polo canto a través do coro. Posteriormente estudou na Escola Superior de Canto de Madrid e ampliou a súa formación cun Máster de Ópera na Fundació Conservatori Liceu de Barcelona. Traballou con recoñecidos mestres e participou en clases maxistrais con figuras internacionais do canto lírico.
Ao longo da súa traxectoria actuou en escenarios como o Liceu de Barcelona, o Auditorio Nacional, o Ateneo de Madrid ou a Real Academia de Belas Artes. Entre os seus papeis máis destacados figuran a Raíña da Noite en A frauta máxica, Belinda en Dido and Aeneas ou Francisquita en Doña Francisquita. Ademais, foi recoñecida en importantes certames internacionais, obtendo premios en concursos de Viena, Xaén e Xuventudes Musicais de España.
Programa:
Paula L. Atanet, pianista
Formouse no Conservatorio de Música Esteban Sánchez de Merida, onde estudou con Javier Plaza e María Luisa Rojas ata 2018. Posteriormente, acadou unha bolsa para estudar na Escola Nacional de Música de Escocia St Mary’s Music School en Edimburgo. En 2020, comeza o grao superior no Royal Northern College of Music (RNCM), onde estuda con Murray McLachlan ata 2024. Como pianista acompañante, Paula puido participar nunha gran cantidade de eventos e proxectos con outros músicos e ten moita experiencia no acompañamento de instrumentistas e cantantes. En 2023 foi seleccionada como parte dos Songsters do RNCM, e no mesmo ano recibe o premio de pianista no Premio Alexander Young do RNCM. Traballou como organista e pianista acompañante do proxecto In Harmony en Opera North, en Leeds e forma parte da VI edición do programa de xóvenes talentos Crescendo noTeatro Real.