Eurocidade Tui-Valença
Somos ponte España-Portugal

Dúas cidades, tres linguas e dous pobos, unidos por un río, unha emoción e unha vontade.

O 10 de febreiro do 2012 as cidades fronteirizas Tui e Valença do Minho asinaron un protocolo para hermanarse nunha Eurocidade. A súa razón de ser: converterse nun modelo de xestión compartida que sirva de exemplo a Europa e ao mundo.

Situada en ambas as marxes do río Miño, a Eurocidade Tui-Valença suma 31.365 habitantes, e está unida polo icónica Ponte Internacional. Coñecida tamén como a ponte vella de ferro, é o símbolo que mellor expresa a alianza entre ambas as cidades, e entre España e Portugal.

Dúas cidades históricas marcadas pola Fortaleza de Valença e a súa rede urbana, pola Catedral Fortaleza de Tui e o seu conxunto histórico. Un manancial vivo de riquezas patrimoniais. Mosteiros, igrexas, castros, dolmens/dólmenes ou gravados rupestres completan a oferta e convidan a coñecer e sentir a evolución dos pobos e da cultura da rexión.

A Eurocidade ten o recoñecemento de Área de Afluencia Turística e a súa fisonomía identifícase desde hai séculos polo outeiro onde se asenta o seu conxunto histórico, coa Catedral fortaleza na súa cima. Este templo, unha das sedes do IKFEM, é o punto de maior atracción turística. De estilo románico e gótico, data dos séculos XII e XIII.

O comercio, especialmente téxtil, e a gastronomía, co bacallao como “rei”, son tamén atractivos que adoitan buscar os visitantes, ademais do caldo verde ou os borrachinhos de Valença, un doce único. A súa longa tradición gastronómica, en trazos xerais, está baseada en produtos do río Miño: as angulas, a lamprea ou a zamborca.

Buscas onde comer ou durmir? Que visitar?
Dámosche algunhas ideas

Tui

Valença