Súmate ao Voluntariado

Se che gusta a música e queres ser parte dun festival internacional, inscríbete ao voluntariado de IKFEM Festival Tui-Valença.

Sendo voluntario/a de IKFEM poderás asistir a concertos, coñecer artistas e creadores de España, Portugal e outros países. Ademais, verás funcionar un festival internacional desde dentro xunto aos profesionais que o organizan.

Perfil do voluntario/a

Xove de espírito e con gusto pola música. Os voluntarios/as realizarán labores de apoio á organización tales como guiar aos artistas, dar información aos asistentes, asistencia na produción de concertos etc.

Gastos cubertos

A organización asume os gastos de comidas e/ou ceas do voluntariado, e se fose necesario tamén ofrecemos prezos especiais para o aloxamento.