Curso sobre “Metodoloxía Musical Inclusiva” con Dr. Paco Borro

Curso sobre “Metodoloxía Musical Inclusiva” con Dr. Paco Borro
Curso gratuíto con inscrición previa por email ata o 14 de xullo.

17-18.07.2025 | 10.00 horas (ES) – Espazo Sociocultural Camilo José Cela (Tui)

Impartido polo Dr. Francisco Borro, fundador da Agrupación Musical Inclusiva do Teatro Real de Madrid.

O IKFEM aposta pola formación e a inclusión como piares fundamentais da arte e da educación. Por iso, esta edición acollerá o curso “Metodoloxía Musical Inclusiva”, unha oportunidade única para docentes, músicos, profesionais da educación e persoas interesadas na diversidade dentro do ámbito musical. Unha formación inspiradora, comprometida e necesaria, no marco dun festival que rompe fronteiras tamén no sector da educación.

#somosponte

Este enfoque innovador da música inclusiva valora e abre as portas á diversidade social, permitindo que músicos con diferentes capacidades, culturas e identidades compartan proxectos musicais onde aprendemos a convivir, contribuír e construír xuntos.

A metodoloxía que se comparte neste obradoiro aborda a práctica musical desde as fortalezas e habilidades da diversidade. Mostra como traballar e crear de forma cooperativa, fomentando en todo momento o mellor de cada persoa.

Para iso, aprenderase a analizar e crear estruturas de participación musical que garantan unha participación musical sen barreiras baseadas na identificación dos diferentes códigos de comunicación individuais e nas funcións executivas implicadas — atención, memoria de traballo, control inhibitorio e flexibilidade cognitiva — durante a acción musical.

 

O curso será impartido por Dr. Paco Borro, referente nacional en inclusión e atención á diversidade nas ensinanzas musicais. A súa traxectoria está marcada por unha firme vocación: achegar a música a todo o mundo.

Con longa experiencia como docente, formador e creador de proxectos, Paco traballou durante moitos anos para normalizar a presenza de alumnos con necesidades especiais na práctica musical. É ademais fundador da Agrupación Musical Inclusiva do Teatro Real de Madrid, un dos proxectos máis recoñecidos neste ámbito a nivel estatal.

Asociados