CaixaSon

CaixaSon
Harmonía Social Galicia-Portugal

Iniciativa bianual 2024-2025 que conta co apoio da Fundación “la Caixa” e do BPI destinada a promover a cooperación estratéxica entre Galicia e o norte de Portugal no ámbito da acción social para a cultura inclusiva e accesible.

 

Obxectivos
  • Eliminar as barreiras á participación e expresión culturais.
  • Organizar actividades que fomenten a inclusión social.
  • Promover a cooperación estratéxica transfronteiriza
  • Incorporar unha metodoloxía innovadora para a inclusión a través da música.
  • Desenvolver e difundir un repertorio musical inclusivo inédito.
Actividades
  1. Un plan de medidas de accesibilidade para os concertos e actividades paralelas do IKFEM Festival.
  2. Un foro onde entidades sociais e musicais de Galicia e norte de Portugal comparten e intercambian a súa experiencia para xerar unha folla de ruta común de boas prácticas no ámbito da inclusión social.
  3. Un taller musical destinado para un grupo de persoas con discapacidade, migrantes, refuxiados e persoas en risco de exclusión dos municipios de Tui e Valença. Este taller inclúe, nas últimas sesións, encontros e ensaios con entidades culturais musicais situadas en zonas rurais da Eurociudad Tui-Valença.
  4. Un gran concerto dirixido ao público xeral onde a agrupación presenta o traballo realizado durante o taller musical, estando previstas actuacións coas entidades culturais musicais coas que traballaron.
Asociados
VONTADE

Entidade social para a discapacidade física

DIVERSIDADES ACOLLE

Entidade social para a enmigración e refuxiados

APPACDM

Entidade social para a discapacidade mental

UNIVERSIDADE SÉNIOR ROTARY

Entidade social para a discapacidade mental

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE TUI

Entidade educativa musical

ACADEMIA DE MÚSICA DA FORTALEZA DE VALENÇA

Entidade educativa musical

AYUNTAMIENTO DE TUI
CÂMARA MUNICIPAL DE VALENÇA