IKFEM lanza o seu concurso musical “Novas Ondas Sonoras” para novos talentos

IKFEM lanza o seu concurso musical “Novas Ondas Sonoras” para novos talentos
Concurso Novas Ondas Sonoras

O IKFEM Festival Tui – Valença 2025 presenta unha das novidades desta edición: o concurso de talentos Novas Ondas Sonoras.

Novas Ondas Sonoras nace co obxectivo de fomentar o talento dos novos intérpretes da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. Esta iniciativa axudará a descubrir e impulsar o talento do futuro traspasando as fronteiras entre España e Portugal a través da música.

Cales son os requisitos para participar?

  • Solistas ou grupos de ata 6 integrantes
  • Mozos entre 12 e 30 anos Residencia en Galicia ou na Rexión Norte de Portugal
  • Estar matriculados nalgunha centro educativo de música
  • Subir un vídeo de 10 minutos co repertorio elixido

Un xurado profesional elixirá a 5 dos 6 finalistas que competirán na fase final do concurso. O sexto e último finalista será elixido polo público a través das contas de Instagram e Facebook de IKFEM, entre o 2 e o 15 de xuño de 2025.

A fase final do concurso levará a cabo o 19 de xullo de 2025 no transcurso da programación do IKFEM Festival Tui – Valença. Os 6 finalistas terán a oportunidade de tocar en directo o seu repertorio e competir co resto de grupos para facerse co gran premio: un trofeo de CH Sueiro e un premio de 1.000€ computado por un concerto dentro do cartel oficial de IKFEM Festival Tui – Valença 2026.

Os interesados poden inscribirse gratuitamente a través da páxina web www.ikfem.com/novasondassonoras cubrindo todos os datos solicitados, desde o 13 de maio ata o 26 de maio de 2025. 

Consulta as BBLL aquí

Moita sorte a todos!

Cartaz Novas Ondas Sonoras