O proxecto “CaixaSon” toma protagonismo en IKFEM 2025 a través de diferentes accións culturais e musicais

O proxecto “CaixaSon” toma protagonismo en IKFEM 2025 a través de diferentes accións culturais e musicais

CaixaSon é un proxecto que busca demostrar que a música pode ser unha ferramenta poderosa para a inclusión, a aprendizaxe e a transformación social. A través da participación activa en ensaios e cun concerto final, créase unha contorna no que cada individuo achega a súa singularidade, enriquecendo ao grupo e mostrando o potencial dunha sociedade verdadeiramente inclusiva. CaixaSon é unha iniciativa de IKFEM Festival Tui-Valença que conta co apoio da Fundación “a Caixa”-BPI.

A agrupación inclusiva está formada por 12 usuarios de catro entidades do terceiro sector de España e Portugal.

Ao longo de 2025, os integrantes de CaixaSon xúntanse no conservatorio de Tui para desenvolver un taller musical onde adquirir novas competencias musicais, así como fomentar as habilidades sociais, creativas e colaborativas.

CaixaSon será protagonista na 13ª edición do IKFEM Festival Tui – Valença.

Máis novidades moi pronto!