
Xa dispoñibles as entradas para todos os concertos do IKFEM Festival Tui – Valença.
Aproveita agora as ofertas especiais nos packs de 3 ou 5 concertos.
Desconto do 50% a menores de 30 anos e menores de 7 anos gratis.
Programa

16.07.2025 | 10.00 h. (ES) ESPAZO SOCIOCULTURAL CAMILO JOSÉ CELA – TUI (Ver aquí)
O 16 de xullo no Centro Sociocultural Camilo José Cela de Tui terá lugar eo Foro CaixaSon de inclusión mediante a cultura como ferramenta de transformación social. #somosponte
17-18.07.2025 | 10.00 h. (ES) ESPAZO SOCIOCULTURAL CAMILO JOSÉ CELA (TUI)
O IKFEM aposta pola formación e a inclusión como alicerces fundamentais da arte e da educación. Por iso, esta edición acollerá o curso “Metodoloxía Musical Inclusiva”, unha oportunidade única para docentes, músicos, profesionais da educación e persoas interesadas na diversidade dentro do ámbito musical. Unha formación inspiradora, comprometida e necesaria, no marco dun festival que rompe fronteiras tamén no sector da educación.

El Balcón
Asómate ao noso balcón para dialogar coos artistas
-Entrada gratuíta-
Asómate ao noso balcón xunto aos artistas desta edición participando en mini masterclasses e encontros onde poderás coñecer o festival de cerca e charlar cos seus protagonistas, nun formato relaxado, enriquecedor e cheo de complicidade…
O Balcón de IKFEM é moito máis que unha charla: é un espazo íntimo e aberto onde a arte, a música e a identidade transfronteiriza se atopan. Neste ciclo de conversacións, os artistas que forman parte do festival asómase ao “balcón” para compartir a súa visión da arte, as súas historias persoais e a súa conexión cun territorio que une dúas culturas: España e Portugal.
Aquí, o público poderá descubrir o lado máis humano e próximo dos protagonistas do festival. Falaremos de música, de creatividade, de inspiración… pero tamén do valor dos proxectos que cruzan fronteiras e de como a arte pode ser unha ponte entre realidades diferentes.

Diálogos con Milhanas & Fillas de Cassandra

Diálogo con James Rhodes

Diálogos con Perico Sambeat & Orquesta Jazz Matosinhos
Concurso
Novas Ondas Sonoras
Imaxinas formar parte do cartaz do Festival IKFEM?
Este concurso é unha das novidades máis importantes do IKFEM Tui – Valença 2025. Buscamos a los novos talentos musicais, solistas ou grupos de ata 6 compoñentes, de Galicia e o norte de Portugal. Se tes entre 12 e 30 anos inscríbete para participar.
O gañador formará parte da programación do IKFEM 2026 e un premio de 1000 euros.


Recoñecemento “Talento Eurorrexión 2024”
Durante o transcurso da Mostra Creativa de IKFEM 2024, realizada na ponte internacional de Tui – Valença, fíxose entrega do premio “Talento Eurorrexión 2024”, entre unha selección de proxectos artísticos de diversas disciplinas. Un espazo animado para poñer en valor a creatividade e o emprendemento do talento galego e portugués.
A AECT Galicia – Norte de Portugal outorgou o recoñecemento a mellor proxecto a “Máscaras do mundo”.

IKFEM Emerge
AIE, D’Orfeu y AIE uniron as súas músicas na Ponte Creativa Enogastronómico de IKFEM 2024 para crear un programa cruzado de artistas emerxentes de España e Portugal en diferentes estilos musicais.
Noticias IKFEM

Bienvenidos al Festival IKFEM, un encuentro único donde la música y la cultura trascienden fronteras. Es un honor para mí, como directora, invitaros a vivir esta celebración de creatividad artística en el corazón de nuestra querida Eurociudad Tui-Valença. ¡Esperamos que disfrutéis de cada momento tanto como nosotros hemos disfrutado preparándolo para vosotros!
Además de su calidad artística y cultural, IKFEM desmitifica las fronteras valorando las diferencias.
Qué gozada ha sido uno de los desfiles más bonitos que hemos hecho. Qué bonito, qué categoría, impresionante.
IKFEM Festival maravilloso, en un paraje inigualable como es Tui-Valença. Qué placer cantar aquí, prometo volver.
Colabora
-
- HuecoSinLogo
Media Partner
Organiza
