Salvador Sobral & Marco Mezquida

Salvador Sobral & Marco Mezquida
Detalles:
Cosa de Dois

Unha inmersión no universo musical do portugués Salvador Sobral e o español Marco Mezquida. Desde a influencia do jazz, do cancioneiro brasileiro ou da música norteamericana, ofrecen un espectáculo único, que revela a profunda admiración musical que ambos senten o un polo outro.

 

Salvador Sobral, voz
Marco Mezquida, piano

Bio

Salvador Sobral, músico e compositor portugués, viviu en EE.UU., Mallorca e Barcelona, onde estudou Jazz na prestixiosa escola Taller de Músics. En 2016 lanzou o seu primeiro álbum, “Escuse Me”, e alcanzou o recoñecemento internacional ao gañar o Festival de Eurovisión 2017 con “Amar pelos Dois”. Este feito iniciou unha serie de eloxios pola prensa. O seu segundo álbum, “Paris, Lisboa”, levoulle a unha extensa xira mundial. Sobral explorou diversos proxectos musicais e en 2021 lanzou “bpm”, nomeado ao Grammy Latino. O seu EP “SAL” de 2022 destaca polo seu intimismo. Recibiu numerosas distincións, incluíndo a Medalla de Orde de Mérito de Portugal e o Globo de Ouro á mellor canción.

Marco Mezquida, nacido en Menorca en 1987, é recoñecido como unha das figuras máis prometedoras da escena musical peninsular. Graduado na ESMUC en 2009, gravou vinte álbums como líder e corenta como colaborador. Actuou en importantes escenarios jazzísticos en máis de trinta e cinco países e colaborou con lendas do jazz. Mezquida recibiu múltiples premios, incluíndo o Musician of the Year pola Asociación de Jazz e Músicos Modernos de Cataluña en catro ocasiones e o Premio Ciudad de Barcelona en 2019. A súa carreira inclúe proxectos destacados como “Ravel’s Dreams” e colaboracións con artistas como Silvia Pérez Cruz.

Máis Artistas