María Hinojosa & Trío Preseli

María Hinojosa & Trío Preseli
Detalles:
Conexións atlánticas

A renomeada soprano María Hinojosa Montenegro e a cultura atlántica teñen protagonismo neste concerto que tende pontes entre Galicia, Portugal e Gales. Escoitaranse musicalizacións dun poema de Valentín Paz-Andrade polo compostelán Fernando Buide, cuxa música foi interpretada pola Orquestra Nacional de España ou a Sinfónica de Pittsburgh, e un poema de José Carlos González trasladado a partitura polo renombrado compositor e pianista portugués António Victorino D’Almeida. Tamén soarán cancións irlandesas e de soados compositores históricos como Franz Schubert e Gustav Mahler.

 

María Hinojosa Montenegro, soprano
Simon Lewis, trompa
Daniel Pereira, piano

Bio

Creado co obxectivo de promover a música para unha formación tan pouco común como a de soprano, trompa e piano, e tender pontes entre as culturas galega e galesa, a misión do Trío Preseli é levar a beleza e complexidade desta ensemble a novos públicos con obras do repertorio habitual e inspirar a compositores actuais a producir novas creacións. O Trío prepara un cd con obras inéditas de Randall e Buide e ven de tocar no Auditorio de Galicia en Santiago, Saint David´s Cathedral de Gales ou no Teatro Principal de Ourense. Con actuacións no Musikverein de Viena, Arena de Verona, Teatro Colón de Buenos Aires, Palau de la Música de Barcelona ou Teatro Real de Madrid, a soprano catalá María Hinojosa é considerada como unha das cantantes máis brillantes da súa xeración. Grabou numerosos discos e actuou xunto a directores como Pons, Heras Casado ou Marriner. O galés Simon Lewis é trompista da Oviedo Filarmonía e membro fundador do Ensemble Concert Art, e actuou con numerosas orquestras nacionais e internacionais como a Welsh National Opera, Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia, Tonhalle Orchestra de Zurich ou a Sinfónica de Malasia. Calificado polo seu “pianismo realmente delicioso” polo seu dobre disco “90 — Scriabin Complete Piano Preludes”, o galego Daniel Pereira é doutor en artes musicais pola Universidade de Maryland e tamén estudou nas universidades de Hartford e na Estatal de Nova Iorque. É profesor do Conservatorio Profesional de Vigo.

 

Programa

Tres Cançoes, op. 92 
António Victorino D´Almeida

Nao de sangue
Fernando Buide

Das himmlische leben (Carto movemento da Carta Sinfonía, arr. por Klaus Simon)
Gustav Mahler

Three songs
Anthony Randall

The Hirt aus dem Felsen
Franz Schubert

Four Irish Songs 
Havelock Nelson

Máis Artistas