
Detalles:
- Fecha: Sábado, 4 de outubro de 2025
- Hora: 19.00 (hora local española)
- Ubicación: Teatro Municipal de Tui (Ver aquí)
- Entrada: Entrada libre
Novas Ondas Sonoras é un concurso musical que nace co obxectivo de fomentar, descubrir e dar visibilidade ao talento de novos intérpretes da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. A iniciativa forma parte da programación oficial do IKFEM Festival Tui – Valença 2025, e preséntase como unha actividade para o impulso das novas xeracións musicais, promovendo o intercambio cultural e a cooperación transfronteiriza a través da música.
Os obxectivos do concurso baséanse en fomentar o talento musical novo na eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, reforzar os vínculos culturais entre ambos os países e crear un espazo de visibilidade de novos artistas.
Este concurso está organizado e executado por Xuventudes Musicais Eixo Atlántico, entidade tamén responsable da organización do festival IKFEM, e conta co apoio da Xunta de Galicia.
O certame está aberto a mozos de Galicia e do Norte de Portugal, que teñan entre 12 e 30 anos. Os participantes poden interpretar todos os estilos musicais xa que busca premiar a creatividade, a técnica e a expresividade de novos intérpretes que representan a diversidade cultural e artística desta rexión común.
O concurso ten dúas fases: unha dixital e outra presencial. Tras o período de inscricións, o xurado profesional seleccionará a 5 finalistas, e o 6º e último elixirano o público a través dunha votación popular nas redes sociais do IKFEM. A gran final do concurso levarase a cabo o sábado, 4 de outubre de 2025,
ás 19.00 H.(hora local española) no Teatro Municipal de Tui. O grupo ou solista gañador recibirá un trofeo conmemorativo e un premio de 1.000 €, computado como honorarios por un concerto na edición IKFEM Festival Tui – Valença 2026.
Novas Ondas Sonoras non só é unha oportunidade para amosar talento diante do público e profesionais do sector, senón tamén unha experiencia de intercambio cultural e convivencia artística entre novos músicos de ambos os lados da fronteira. Esta proposta busca consolidarse como un referente no apoio ás novas xeracións de intérpretes no marco do espazo común galego-portugués.
Novas Ondas Sonoras no solo es una oportunidad de mostrar talento ante el público y profesionales del sector, sino también una experiencia de intercambio cultural y convivencia artística entre jóvenes músicos de ambos lados de la frontera. Esta propuesta busca consolidarse como un referente en el apoyo a las nuevas generaciones de intérpretes en el marco del espacio común gallego-portugués.