O IKFEM Festival Tui – Valença 2025 anuncia a súa 13ª edición e revela a súa programación e venda de entradas

O IKFEM Festival Tui – Valença 2025 anuncia a súa 13ª edición e revela a súa programación e venda de entradas

O IKFEM Festival Tui – Valença 2025 anuncia a súa 13ª edición e revela a programación e a venda de entradas

O IKFEM Festival Tui – Valença celebrará a súa 13ª edición do 16 ao 20 de xullo, consolidándose como o encontro cultural transfronteirizo de referencia en Europa, tendendo pontes entre España e Portugal. Un ano máis, as cidades de Tui (en Galicia) e Valença (en Portugal) convértense nun escenario compartido de música, arte e cultura.

Este ano, o IKFEM Festival Tui – Valença propón unha programación sorprendente e diversa que une tradición e vangarda a través de concertos, encontros profesionais e actividades para todos os públicos, enchendo os espazos máis emblemáticos a ambas marxes do río Miño.

A programación completa estará dispoñible na web oficial do festival: www.ikfem.com e e a venda de entradas na web Ataquilla.

Nesta edición, o IKFEM Festival Tui – Valença reforza a súa misión de conectar culturas, países e xeracións a través da música, apostando pola inclusión e a unión transfronteiriza.

CONCERTOS

16/07/2025Gala CaixaSon & Antonio Orozco & Rita Rocha – 10€Fortaleza de Valença

21:30H (PT)

17/07/2025Milhanas coa colaboración especial de Fillas de Cassandra – 10€Fortaleza de Valença

21:30H (PT)

18/07/2025James Rhodes – 20€Alameda de Tui

22:30H (ES)

19/07/2025Concurso Novas Ondas Sonoras – GratuitoAlameda de Tui

18:00H (ES)

19/07/2025Rock en familia: I Love Rock & Roll – 10€Alameda de Tui

21:30h (ES)

20/07/2025Boreal: Perico Sambeat & Orquesta Jazz Matosinhos – 10€Fortaleza de Valença

21:30H (PT)

En todos os concertos haberá dispoñible unha barra con bebidas frías, pensada para que o público poida refrescarse e gozar aínda máis da experiencia musical. En pleno verán, esta proposta busca fomentar un ambiente distendido, ideal para compartir con amigos, brindar e conectar coa música nun entorno agradable.

IKFEM Festival Tui – Valença conta coa colaboración de Cervezas Alhambra, que, no ano do seu centenario, apoia este festival reafirmando o seu compromiso coas experiencias únicas que invitan a desfrutar sen presa, adicándolle a cada momento o tempo que merece.

 

ACTIVIDADES

-Acceso gratuíto-

16/07/2025

Foro CaixaSon: inclusión mediante a cultura como ferramenta de transformación social

Espazo Sociocultural Camilo José Cela (Tui) 10:00h ES

17/07/2025

Curso sobre Metodoloxía Musical inclusiva impartido por Paco Borro – Día 1

Espazo Sociocultural Camilo José Cela (Tui) 10:00h ES

Balcón IKFEM: diálogos con Milhanas & Fillas de Cassandra

Valença (lugar por determinar) 19:30h ES

18/07/2025

Curso sobre Metodoloxía Musical inclusiva impartido por Paco Borro – Día 2

Espazo Sociocultural Camilo José Cela (Tui) 10:00h ES

Balcón IKFEM: diálogo con James Rhodes

Tui (lugar por determinar) 19:30h ES

19/07/2025

Final do concurso de talentos Novas Ondas Sonoras

Alameda de Santo Domingo – 18:00h ES

20/07/2025

Balcón IKFEM: diálogos con Perico Sambeat & Orquesta Jazz Matosinhos

Valença  (lugar por determinar) 19:30h ES