
Detalles:
- Data: 19.07.2025
- Hora: 21:30 hora local (ES)
- Localización: Alameda de Santo Domingo - Tui
- Entrada: 10€
CONCERTO CANCELADO POR MOTIVOS ALLEOS AO ESPECTÁCULO
Goza do concerto máis familiar e didáctico co espectáculo “I Love Rock and Roll”, onde poderás escoitar os mellores temas do rock mundial: Nirvana, Beatles, U2, Queen, AC/DC, Led Zeppelin…
Da man do Oso Rosendo, a mascota de Rock en Familia, os máis pequenos poderán coñecer as orixes e as anécdotas máis interesantes dos grandes grupos da historia do rock&roll.
I LOVE ROCK AND ROLL é un espectáculo didáctico de 60 minutos de duración con música en directo. Nel repásase a historia do rock and roll e interprétanse algunhas das cancións máis populares do xénero.
O rock and roll forma parte da nosa cultura popular dende hai décadas e debe tratarse como unha materia cultural e educativa para as novas xeracións. Para nós é importante que as nenas e os nenos coñezan as orixes e o desenvolvemento dun estilo musical que marcou a vida de varias xeracións e que, dende hai máis de sesenta anos, foi evolucionando ata hoxe. A mellor maneira de aprender é pasalo ben. Por iso, en I LOVE ROCK AND ROLL… divertímonos a tope!
Da man do Oso Rosendo, a mascota de Rock en Familia, o público coñecerá as orixes, os protagonistas e as anécdotas máis interesantes e relevantes dos grupos máis destacados da historia do rock. Deste xeito, aprenderán a recoñecer non só os grupos e as cancións, senón tamén a situalos no seu contexto histórico.
En I LOVE ROCK AND ROLL contamos cunha banda de músicos de primeiro nivel que, caracterizados ao estilo dalgúns dos artistas máis emblemáticos do xénero, interpretan en directo cancións representativas de cada época. Así, en I LOVE ROCK AND ROLL viaxaremos pola historia da música rock a través de temas de The Beatles, Led Zeppelin, AC/DC, Guns N’ Roses, Metallica, Iron Maiden ou Nirvana.
I LOVE ROCK AND ROLL é unha ocasión perfecta para dar a coñecer un xénero musical que xa forma parte da vida de moitas xeracións e que ocupa un lugar privilexiado na cultura popular.