
Detalles:
- Data: 16.07.2025
- Hora: 21:30 hora local (PT)
- Localización: Fortaleza Valença do Minho: Cortinas de São Francisco (Ver aquí)
- Entrada: 10€
Esta gala benéfica estará protagonizada pola agrupación musical CaixaSon, un proxecto pioneiro de inclusión musical entre España e Portugal, que acolle a diversidade humana como un valor para a sociedade e demostra como a linguaxe universal da música supera fronteiras.
Todos xuntos, interpretarán un repertorio especial que reflicte o seu crecemento persoal e, sobre todo, o lazo transfronteirizo que construíron como colectivo.
A gala contará coa colaboración de artistas como Antonio Orozco e Rita Rocha, ambos participarán actuando con varios temas xunto á agrupación CaixaSon. Esta gala conta con apoio da BPI-Fundação ”la Caixa”.
Esta gala estará protagonizada pola agrupación musical CaixaSon, un grupo inclusivo de persoas diversas que traballou intensamente durante meses para demostrar que a linguaxe universal da música supera fronteiras. Todos xuntos interpretarán un repertorio especial que reflicte o seu crecemento persoal e, sobre todo, o lazo de unión que construíron como colectivo.
Durante o evento, cun enfoque inclusivo, multidisciplinar e interxeracional, contará coa colaboración de artistas de renome como Antonio Orozco e Rita Rocha. Ademais do mentor de CaixaSon, Francisco Borro (fundador da Agrupación Musical Inclusiva do Teatro Real), as profesoras Macarena Montesinos e Su Garrido, os directores das entidades españolas e portuguesas ás que pertencen os seus integrantes (Vontade, Diversidades Acolle, APPACDM e Universidade Sénior), así como a BPI-Fundação ”la Caixa”, colaboradora principal deste proxecto, xunto ás principais autoridades da Eurocidade Tui-Valença.
Ambos compartirán escenario con CaixaSon nunha experiencia única chea de emoción e arte. A agrupación inclusiva está formada por 12 usuarios de catro entidades do terceiro sector de España e Portugal:
VONTADE (Tui): entidade social para a discapacidade física
Santiago Lorenzo
José Manuel de Magalhaes
Jose Antonio Feijoo
María José Martínez
David Gómez, representante de Vontade
Diversidades Acolle (Tui/Vigo): entidade social para a emigración e refuxiados
Iván Villa
Santiago González, director de Diversidades Acolle
APPACDM (Valença): entidade social para a discapacidade intelectual
Paulo André Romeu
Bruno Miguel Araújo
Bárbara Alexandra Soares
Carlos AndréVasconcelos
Helena Pereira, directora de APPACDM
Unviersidade Sénior Rotary (Valença): entidade social para persoas maiores
Sandra María Fernandes
Hilaria Dantas
Rodrigo Ferreira
María Lourdes García
Laurinda Neves, representante da Universidade senior do Rotary Club de Valença
Esta gala de carácter benéfico non só é un concerto: é unha celebración do valor da inclusión e da diversidade. Por iso, aínda que a música será un pilar importante, o mensaxe será o verdadeiro eixo do evento. Ao longo da noite, proxectaranse imaxes que documentan o desenvolvemento do proxecto, e a gala será conducida por un/a mestre/a de cerimonias.