CaixaSon é un proxecto que busca demostrar que a música pode ser unha ferramenta poderosa para a inclusión, a aprendizaxe e a transformación social. A través da participación activa en ensaios e cun concerto final, créase unha contorna no que cada individuo achega a súa singularidade, enriquecendo ao grupo e mostrando o potencial dunha sociedade verdadeiramente inclusiva. CaixaSon é unha iniciativa de IKFEM Festival Tui-Valença que conta co apoio da Fundación “a Caixa”-BPI.
A agrupación inclusiva está formada por 12 usuarios de catro entidades do terceiro sector de España e Portugal.
- Vontade: entidade social para a discapacidade física.
- Diversidades ACOLE: Entidade social para a inmigración e refuxiados.
- APPACDM: entidade social para a discapacidade mental.
- Universidade Sénior Rotary (Valença): Entidade social para persoas maiores.
Ao longo de 2025, os integrantes de CaixaSon xúntanse no conservatorio de Tui para desenvolver un taller musical onde adquirir novas competencias musicais, así como fomentar as habilidades sociais, creativas e colaborativas.
CaixaSon será protagonista na 13ª edición do IKFEM Festival Tui – Valença.
Máis novidades moi pronto!